451 utenti


Libri.itIL VIAGGIO DELLA MADREPERLA 3 – L’OMBRA DELLE PIETRELINETTE – COMPAGNO DI GIARDINOTILÙ BLU VUOLE BENE AL SUO PAPÀMIRALA PESTE SCARLATTA
Emergency

Fai un link ad Arcoiris Tv

Fai un link ad Arcoiris Tv

Utilizza uno dei nostri banner!












Tutti i filmati di Deputación de Pontevedra

Totale: 26

'A opinión desde o eu. Do blog á prensa' por Diana López Varela, o 3 de marzo de 2018

Diana López Varela é xornalista e guionista. Actualmente compaxina o seu traballo de guionista no programa Land Rober Tunai Show (TVG) con colaboracións como columnista nos xornais Diario de Pontevedra e elnacional.cat.

'A opinión en procesos xudiciais mediatizados' por Elisa Beni, o 2 de marzo de 2018

Elisa Beni comezou a súa carreira profesional dirixindo un xornal, El Faro de Ceuta, e converteuse na directora de xornais máis nova que houbo en España. Foi columnista de La Razón, Tiempo e actualmente de eldiario.es.

'A opinión máis alá da actualidade. A lixeireza' por Rosa Montero, o 2 de marzo de 2018

Rosa Montero é xornalista e escritora. Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País. A súa obra foi traducida a máis de vinte idiomas, é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Porto Rico e Premio Internacional Columnistas do Mundo 2014.

'A opinión nos medios locais' por María Varela, el 2 de marzo de 2018

María Varela é redactora xefa e columnista en Diario de Pontevedra. Recibiu o XIV Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego 2016 polo texto Cóxegas e tortas, publicado en Diario de Pontevedra o 29 de abril de 2016.

'Dentadas e tacóns. Mulleres opinando sobre sexo' por Celia Blanco, o 3 de marzo de 2018

Celia Blanco é xornalista e colabora con El País no blog #LASCOSASDELATANA. Dirixe e presenta o programa 'Contigo dentro' na Cadena SER.

'Economía na opinión. A fin do mundo tal e como o coñecemos' por Marta García Aller, o 2 de marzo

Marta García Aller é xornalista e colabora con Onda Cero, como analista de economía e cronista de actualidade. Recibiu algúns dos premios máis prestixiosos do xornalismo económico.

'Escribir con dor. A diversidade funcional na axenda mediática' por Anita Botwin, o 3 de marzo

Anita Botwin é xornalista e guionista de series e programas de televisión. Actualmente escribe sobre diversidade funcional, feminismo e sexualidade.

'Hiperconectadas: a opinión en tempos de millenials' por Lucía Taboada, o 3 de marzo de 2018

Lucía Taboada é xornalista e traballa na Cadena Ser. Ademais, escribe na revista masculina GQ e suma máis de 100.000 seguidoras e seguidores en Twitter.

'Opinión ilustrada. Mulleres que debuxan pensamentos' por Emma Gascó, o 3 de marzo de 2018

Enma Gascó é ilustradora e deseñadora. Traballou como freelance no ámbito da redacción e a ilustración/deseño gráfico en Diagonal, Público, eldiario.es, Números Rojos, El Ecologista, Pikara Magazine e Otramérica, entre outros.

'Opinión na contraportada. A páxina máis cobizada' por Fernanda Taberés, o 3 de marzo de 2018

Fernanda Tabarés é xornalista e directora de Voz Audiovisual. Gañou o premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora de Televisión 2013.